Disposicións
DISPOSICIÓN ADICIONAL.
Os contribuíntes por este Imposto poderán ingresar as cotas provisionais nos seguintes períodos:
- • 50% da liquidación provisional no prazo dun mes dende a notificación da licenza.
- • 50% no prazo de 7 meses dende a notificación daquela.
DISPOSICIÓNS FINAIS.
- 1ª. No non previsto nesta ordenanza será de aplicación a ordenanza fiscal xeral do Concello e restante normativa tributaria de aplicación.
- 2ª. Esta ordenanza entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no BOP e comenzara a aplicarse o 1 de xaneiro de 2025 permanecendo vixente en tanto non se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.