Anuncio
O Pleno da Corporación, en sesión de 29/04/00, acordou prestar aprobación definitiva ó texto íntegro da Ordenanza Municipal de protección do Medio Ambiente contra a Contaminación Acústica, a cal se desenvolve en 51 artigos, unha disposicións transitorias e tres finais, e o seu texto figura transcrito literalmente na acta da sesión extraordinaria da Comisión Informativa Municipal de Medio Ambiente resolvéndose as alegacións formuladas durante a fase de información pública do expediente e citadas na parte expositiva deste acordo en idéntico sentido ó dictame emitido por este órgano informativo municipal.
Consonte co establecido no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, na redacción conferida pola Lei 39/1994, do 30 de decembro, no citado acordo plenario, dispúxose tamén a publicación do texto íntegro da Ordenanza no "Boletín Oficial" da Provincia para a súa entrada en vigor, nos termos da lexislación de réxime local, con comunicación á Administración Xeral do Estado e da Comunidade Autónoma.
O texto da Ordenanza aprobada definitivamente, que entrará en vigor ós quince días seguintes a esta publicación e comunicación ás Administracións estatal e autonómica, é o seguinte: