Recursos Procedentes
O precedente acordo que pon fin á vía administrativa e contra a disposición xeral, aprobada definitivamente, pode interpoñerse directamente por quen se considere lexitimado o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ó da publicación do texto íntegro da disposición impugnada, consonte ó establecido nos artigos 10-1-6) e 46-1 da Lei 29/98, de 13 de xuño, reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa.
Non obstante, tamén poderase interpoñer calquera outro recurso que o interesado estime procedentes conforme a Direito, significándolle que o artigo 107-3 da Lei 30/92, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, de modificación da anterior, non admite a interposición de recursos en vía administrativa contra as disposicións administrativas de carácter xeral.
O que lle comunico para o seu coñecemento e efectos, coa salvidade á que se refire o artigo 206 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, rogándolle que, para constancia, devolva asinado o duplicado que se achega
Pontevedra 18 de maio do 2000.—O Alcalde, P.D. o Tte. Alcalde Delegado da Area de Urbanismo e Medio Ambiente, Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo.—O Secretario Xeral, Julio Dapena Otomuro.