Disposicion Transitoria
- Establecementos adicados a espectaculo publico ou actividade recreativa
- Os titulares dos establecementos adicados a espectáculo público ou actividade recreativa que dispoñan da preceptiva licencia de apertura e posta en funcionamento, ou se encontre en tramitación na data de entrada en vigor desta Ordenanza, disporán dun período de seis meses, a partir da súa vixencia, para presentar solicitude de adaptación ás previsións da presente perante o Concello, nas que se reflictan as medidas correctoras necesarias para garantir e cumprimenta-los niveis máximos de emisión e transmisión sonora e de vibracións. Neste suposto presentarán un proxecto no que se aprecie a necesidade de modificación das instalacións ou elementos constructivos ou se non se necesita modificación das establecidas na normativa.
- Si do exame da documentación presentada resultase a imposibilidade material de axustarse ás condicións establecidas nas presentes normas ou resultare antieconómica, o Concello podería outorgar autorización de funcionamento establecendo limitacións máis severas no funcionamento da actividade co obxecto de que non se produzan molestias.
- En calquera caso no prazo máximo de ano e medio, deberán estar executadas e facerse efectivas as medidas correctoras ás que se refire o primeiro parágrafo da presente Disposicion Transitoria e tales actividades terán que estar plenamente axustadas en tal prazo ás condicións establecidas nesta Ordenanza.
- A superficie mínima a que se fai referencia no artigo 39 para este tipo de establecementos será esixible a partir da entrada en vigor desta Ordenanza, se ben os autorizados con anterioridade ou en trámite non quedarán sometidos ó réxime de fora de ordenación para a actividade exclusivamente autorizada ou outra de espectáculo ou actividade recreativa considerada encadrada na mesma categoría ou inferior, isto é, similar ou menos noxenta, poidéndose facer obras de reforma, consolidación e conservación en xeral.
- Os titulares das restantes actividades legalmente autorizadas ou en trámite na data de entrada en vigor desta Ordenanza dispoñen dun período de doce meses, a partir da súa vixencia, para facer efectivas as medidas correctoras necesarias para o cumprimento dos niveis máximos de emisión e transmisión sonora e de vibracións.
Neste suposto presentarán un proxecto no que se aprecie a necesidade de modificación das instalacións ou elementos constructivos ou se non se necesita modificación das establecidas na normativa.