Disposicións Transitorias
Disposición Transitoria Primeira
Aquelas actividades ou instalacións que superen os niveis máximos de ruídos e vibracións previstos na presente ordenanza, disporán dun prazo de seis meses para adaptar os establecementos co fin de garantir en todo o respecto ós niveis autorizados. En todo caso, as actividades e instalacións existentes deberán cumprir as esixencias de funcionamento establecidas con anterioridade á entrada en vigor da ordenanza e as condicións que taxativamente establece a licencia.
Disposición Transitoria Segunda
Os establecementos públicos con licencia de actividade e instalación outorgada con anterioridade á entrada en vigor da mencionada ordenanza, adaptaranse ó disposto no artigo 16 nos casos seguintes:
- Cando se realicen modificacións, ampliacións ou reformas que excedan ás obras de mera hixiene, ornato ou conservación.
- Cando se tramita a licencia dos establecementos cun illamento inferior en máis de 5 dB (A) ó esixido no artigo 16 e se impuxese no ano inmediatamente anterior algunha sanción por incumprimento dos niveis de ruído ou vibracións.
- Cando así se impoña como esixencia para reapertura dos establecementos clausurados por incumprimento dos niveis fixados na ordenanza e conforme ó procedemento establecido no Título V.