Normativas Precios Blog

Introducción

O ruído é unha das perturbacións ambientais que de xeito máis importante afectan ás persoas, proba diso é o aumento de denuncias por parte das e dos cidadáns. Por este motivo redactouse esta ordenanza, cos obxectivos de regulamentar a actuación municipal co fin de protexer as persoas e ós bens contra as agresións producidas pola enerxía acústica nas súas manifestacións máis representativas, os ruídos e vibracións, e a achega de solucións ambientais operativas e de control, de acordo co establecido na Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica e o Regulamento que a desenvolve, aprobado mediante o Decreto 150/1999, do 7 de maio.

Na súa virtude, o Concello, ó abeiro do previsto no artigo 22.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, e o artigo 3.1 da Lei 7/1997, do 11 de agosto, aproba e, conformeco artigo 21.1n da Lei 7/1985, resolve publicar a ORDENANZA MUNICIPAL DE PROTECCIÓN DO MEDIO CONTRA A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA PRODUCIDA POLA EMISIÓN DE RUÍDOS E VIBRACIÓNS.