Título V. Réxime xurídico
Capítulo 1. Lexislación aplicable
Artigo 33. Remisión normativa
A materia tratada nesta ordenanza seralle aplicable o disposto:
- Na Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica, desenvolvida a través do Regulamento de protección contra contaminación acústica, aprobado polo Decreto 150/1999, do 7 de maio.
- Na Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia.
- No Decreto 156/1995, do 3 de xuño, de inspección ambiental.
- No capítulo II, título IX da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
- No R.d. 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.
Capítulo 2. Inspección
Artigo 34. Competencia
- O Concello, a través do seu persoal ou das empresas que contrate para o efecto, debidamente identificados, poderán levar a cabo visitas de inspección das actividades que se están levando a cabo e ás instalacións en funcionamento, para os efectos de comprobar o cumprimento das determinacións da presente ordenanza. Nos demais supostos, o persoal debidamente identificado, estará facultado para acceder ás instalacións ou establecementos, se é o caso, sen avisar con anterioridade. Os/as propietarios/as dos establecementos e actividades productoras de ruídos e vibracións deberán permiti-las inspeccións.
- Cando o Concello se considere imposibilitado para o exercicio da competencia de inspección, poderá solicitar o auxilio á Administración autonómica ou ás empresas habilitadas para o respecto pola Xunta de Galicia, de acordo co estipulado no artigo 25 da Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica.
Artigo 35. Procedemento
- As inspeccións poderán levarse a cabo por propia iniciativa municipal ou trala solicitude de calquera interesado. As solicitudes conterán, ademais dos datos xerais esixibles ás instancias na lexislación que regula o procedemento administrativo, os datos precisos para a realización da inspección que se solicita e o pagamento de taxa se procede.
- Nos casos de recoñecida urxencia, cando os ruídos resulten altamente perturbadores ou cando sobreveñan ocasionalmente por uso abusivo, deterioro ou deficiente funcionamento das instalacións, aparellos ou equipos, a solicitude de inspección poderá formularse directamente ante os servicios de inspección tanto de palabra como por escrito.
- As inspección realizaranse tendo en conta as características do ruído e das vibracións existentes. Para tal fin, as medicións relativas ó ruído subxectivo practicaranse sen coñecemento do titular da fonte sonora. Así mesmo, as medicións relativas ó ruído obxectivo con carácter xeral practicaranse tamén sen coñecemento do titular ou responsable da fonte sonora, sen prexuízo de que, neste último caso, se lle poida ofrecer ó responsable do foco ruidoso unha nova medición na súa presencia para o seu coñecemento. Unha vez concluídas as medicións, entregaráselles ós interesados unha copia do resultado.
Artigo 36. Actas de inspección
As actas emitidas polos órganos de inspección gozan de presunción de veracidade en canto ós feitos contidos nelas e constitúen proba suficiente para os efectos de iniciar o correspondente procedemento sancionador. Tal presunción, esténdese ás medicións realizadas con instrumentos que reúnan os requisitos regulamentarios establecidos no capítulo 6 do anexo do regulamento contra a contaminación acúst.
Artigo 37. Denuncia do ruído de tráfico
- Os axentes da Policía Local denunciarán calquera infracción do disposto na presente ordenanza, especialmente cando con axuda de aparellos medidores comproben que o nivel de ruídos producido por un vehículo en circulación supera os límites sinalados no artigo 21 desta ordenanza. Poderán denunciar tamén os axentes de vixilancia do tráfico, sen necesidade de aparellos medidores, cando se trate de vehículos que circulen co chamado "escape libre" ou produzan, por calquera outra causa, un nivel de ruídos que notoriamente superen os límites máximos establecidos no citado artigo.
- O/a titular do vehículo denunciado poderá unir o prego de descargo, certificación expedida por unha delegación territorial de Industria, na que se faga constar o nivel de ruído comprobado por ela, sempre que presente o vehículo ante aquel organismo no prazo de dous días hábiles seguintes á entrega ou recepción do boletín de denuncia.
Capítulo 3. Infraccións e sancións
Artigo 38. Infraccións
Considéranse infraccións administrativas as accións ou omisións que contraveñan as disposicións desta ordenanza. As infraccións clasificanse en leves, graves e moi graves, de conformidade co tipificado nos artigos seguintes, de acordo co establecido no capítulo III, título III, da Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica.
Artigo 39. Faltas leves
Constitúe falta leve:
- A superación dos límites admitidos ata 5 dB (A).
- A transmisión de niveis de vibración correspondentes á curva base inmediatamente superior á máxima admitida para cada situación.
- Calquera outra infracción ás normas desta ordenanza non cualificada expresamente como falta grave ou moi grave.
- A realización das actividades non permitidas polo capítulo IV, título III da presente ordenanza.
- A circulación de vehículos de motor co escape libre e con silenciadores ineficaces, incompletos, inadecuados ou deteriorados.
- A non presentación dos vehículos ás inspeccións
Artigo 40. Faltas graves
De conformidade coa Lei 7/1997, do 11 de agosto, constitúe falta grave:
- A superación en máis de 5 dB (A) dos valores límite establecidos.
- A transmisión de niveis de vibración correspondentes a dúas curvas base inmediatamente superiores á máxima admitida para cada situación.
- A vulneración expresa dos requerimentos municipais para a corrección das deficiencias observadas.
- A negativa ou obstrucción ó labor inspector. Considérase, en todo caso, como resistencia á actuación inspectora impedirlles ós funcionarios competentes a entrada en recintos e locais onde deban realizarse as inspeccións, sempre e cando a Administración actuante observase os requisitos formais establecidos nesta ordenanza.
- A reincidencia en faltas leves no prazo de doce meses.
- O inicio de actividades ou a apertura de establecementos e instalacións susceptibles de producir ruídos ou vibracións sen obter a autorización ou licencia.
- A transgresión ou incumprimento das condicións impostas na autorización ou licencia, así como a non adopción, dentro do prazo concedido, das medidas correctoras sinalados polo órgano competente. Neste último suposto, os suxeitos responsables poderán evitar a imposición de sanción se proceden voluntariamente á paralización ou non iniciación da actividade.
Artigo 41. Faltas moi graves
De conformidade coa Lei 7/1997, do 11 de agosto, constitúe falta moi grave:
- A superación en máis de 15 dB (A) dos valores límite establecidos.
- A transmisión de niveis de vibración correspondentes a máis de dúas curvas base inmediatamente superiores á máxima admitida para cada situación.
- A reincidencia en faltas graves no prazo de doce meses.
- O incumprimento das ordes de clausura dos establecementos ou de paralización da actividade acordadas pola autoridade competente.
Artigo 42. Sancións
As infraccións ós preceptos desta ordenanza sancionaranse da seguinte maneira, de acordo ó establecido na Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica.
- Infraccións leves, con multa de 100.000 ata 250.000 ptas.
- Infraccións graves, con multa de 250.001 ata 1.500.000 ptas., clausura temporal do establecemento ou paralización da actividade por un espacio de tempo non superior a seis meses.
- Infraccións moi graves, con multa de 1.500.001 ata 10.000.000 ptas., clausura do establecemento ou paralización da actividade por espacio superior a seis meses ou con carácter definitivo.
Artigo 43. Atenuantes
Queda derrogada expresamente a Ordenanza municipal de ruídos e vibracións das ordenanzas xerais de protección do medio, aprobadas definitivamente polo Concello de Vigo en sesión plenaria do 26.05.1994 (BOP núm. 200, do 18 de outubro94). Tamén todas cantas disposicións do Sempre que a comisión da infracción se producise por primeira vez e a corrección da emisión de ruído que orixinou a sanción se fixese nun prazo de 48 horas, reducindoa ó nivel autorizado, a sanción imporase no seu grao mínimo (dentro do apartado correspondente: leve, grave ou moi grave). En todo caso, o prazo computarase a partir da comprobación da comisión da infracción.
Artigo 44. Agravantes que xustifican o peche
A sanción de clausura temporal ou definitiva poderá impoñerse naquelas infraccións nas que se aprecie reiterada resistencia ó cumprimento do ordenado pola Alcaldía ou manifesta actitude do titular da instalación no sentido de dificultar, falsear ou desvirtuar o resultado da inspección.
Artigo 45. Medidas complementarias
Na resolución que poña fin ó procedemento sancionador poderá acordarse, a parte da imposición da sanción correspondente, a adopción de medidas correctoras, así como a indemnización dos danos e perdas ocasionadas como consecuencia da actividade infractora. Para a execución dos ditos actos, se o infractor non os cumprise voluntariamente no prazo que se lle sinale, poderán impórselle multas coercitivas sucesivas de ata 500.000 ptas. cada unha. Igualmente, poderá ordenarse a execución subsidiaria nos termos previstos no artigo 98 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e o procedemento administrativo común.
Artigo 46. Prescricións
As infraccións ás que se refire esta ordenanza prescribirán nos seguintes prazos, desde a comisión do feito:
- Seis meses, no caso de infraccións leves.
- Dous anos, no caso de infraccións graves.
- Catro anos, no caso de infraccións moi graves.
Artigo 47. Medidas cautelares
Con independencia das demais medidas que se adopten para garantir a eficacia da resolución que no seu momento se dicte, con carácter preventivo o Concello poderá acordar a inmediata adopción de medidas correctoras imprescindibles para evitar os danos ou as molestias graves que se estean ocasionando como consecuencia das actividades presuntamente infractoras. Igualmente, e co mesmo carácter preventivo, poderá acordarse a paralización da actividade ou a clausura das instalacións ou dos establecementos cando a producción de ruídos ou vibracións superen os niveis establecidos para a súa tipificación como falta moi grave; ou ben cando, acordada a adopción de medidas correctoras, o requerimento municipal resulte incumprido no prazo que para os efectos se sinale. Tamén poderá acordarse o precinto de equipos, así como calquera outra medida que se considere imprescindible para evitar a persistencia na actuación infractora. As ditas medidas adoptaranse despois de audiencia á persoa interesada, por un prazo de cinco días, excepto naqueles casos que esixan unha actuación inmediata.