Anexos
Anexo. DESCRICIÓN DOS MÉTODOS OPERATIVOS UTILIZADOS NAS DIVERSAS MEDICIÓN ACÚSTICAS E GRÁFICAS
Apartado I. Nivel de emisión interna (N.E.I.)
- A medición do nivel de emisión interna (N.E.I.) a que se refire o artigo 8.1.1 desta Ordenanza realizarase tendo en conta as prescricións detalladas nos puntos que se desenvolven no presente apartado.
- Características ambientais.- A medición realizarase mantendo pechadas as portas e ventás existentes no recinto onde estea situada a fonte sonora. Reducirase ó mínimo imprescindible o número de persoas asistentes á medición.
- Posta en estación do equipo de medida.- En xeral, e sempre que as características do recinto o permitan, o sonómetro colocarase a 1,20 metros do chan e a 2 metros de distancia da fonte sonora. Se a fonte é direccional, o micrófono orientarase cara á mesma, sendo suficiente unha estación para a valoración acústica da fonte sonora. Se a fonte é omnidireccional, fixaranse tres estacións ó seu arredor, formando ángulos de 120 graos. En todo caso, realizarase un deseño acoutado coa situación do sonómetro.
- Característica introducida.- A característica de medición introducida no sonómetro dependerá do tipo de ruído a medir, aténdose ó disposto a continuación:
Ruído continuo-uniforme: rápido (fast)
Ruído continuo-variable: lento (slow)
Ruído continuo-fluctuante: estatístico
Ruído esporádico: lento (slow)
- Número de rexistros.- O número de rexistros dependerá do tipo de ruído, aténdose ó establecido nos puntos que se desenvolven nos seguintes parágrafos:
5.1. Ruído continuo-uniforme.
Efectuaranse tres rexistros en cada estación de medida, cunha duración de 15 segundos cada un e cun intervalo de 1 minuto entre cada rexistro. O valor considerado en cada medición será o máximo nivel instantáneo (MaxL) rexistrado. O nivel de emisión interna (N.E.I) da fonte sonora virá dado pola media aritmética dos tres rexistros realizados.
Para as fontes omnidireccionais, o valor final representativo do seu nivel de emisión interna (N.E.I.) virá dado pola media aritmética dos valores obtidos en cada unha das tres estacións de medida.
5.2. Ruído continuo-variable.
De forma semellante á descrita no punto anterior.
5.3. Ruído continuo-fluctuante.
Efectuarase un rexistro en cada estación de medida cunha duración que dependerá das características do ruído a medir, de xeito que o tempo de observación sexa suficientemente representativo e, en xeral, superior a 15 minutos.
O nivel de emisión interna da fonte sonora virá representado polo índice , valor que será proporcionado automaticamente pola memoria do analizador estatístico.
Para as fontes omnidireccionais, o valor final representativo do seu nivel de emisión interna (N.E.I.) virá dado pola media aritmética dos valores obtidos en cada unha das tres estacións de medida.
5.4. Ruído esporádico.
Efectuaranse tres rexistros do episodio ruidoso en cada estación de medida. O valor considerado en cada medición será o máximo nivel instantáneo (MaxL) rexistrado polo aparato de medida.
O nivel de emisión externa da fonte sonora virá representado pola media aritmética dos tres rexistros realizados.
Para as fontes omnidireccionais, o valor final representativo do seu nivel de emisión externa virá dado pola media aritmética dos valores obtidos en cada unha das tres estacións de medida.
Para a medición deste tipo de ruídos poderanse usa-los equipos do propio local con ruído rosa ou o xerador de ruído rosa.
Apartado II. Nivel de emisión externa (N.E.E.)
- A medición do nivel de emisión externa (N.E.E.) a que se refire o artigo 8.1.2 desta Ordenanza realizarase tendo en conta as prescricións detalladas nos puntos que se desenvolven no presente apartado.
- Características ambientais.- Desistirase da medición cando as características climáticas (temperatura e humidade) queden fóra do rango das condicións de medida do equipo utilizado.
Cando a velocidade do vento sexa superior a 3 m/s desistirase da medición. Con velocidades inferiores poderase efectua-la medición sempre que se utilice o equipo de medida coa súa correspondente pantalla contra o vento.
- Posta en estación do equipo de medida.- En xeral, e sempre que as características superficiais o permitan, o sonómetro colocarase a 1,20 m do chan, a 2 m de distancia da fonte sonora. Se a fonte é direccional, o micrófono orientarase cara á mesma, sendo suficiente unha estación para valora-lo nivel acústico da fonte. Se a fonte é omnidireccional, fixaranse tres estacións ó seu arredor, formando ángulos de 120 graos. En todo caso, realizarase un deseño acoutado coa situación do sonómetro.
- Característica introducida.- A característica de medición introducida no sonómetro dependerá do tipo de ruído a medir, aténdose ó disposto a continuación:
Ruído continuo-uniforme: rápido (fast)
Ruído continuo-variable: lento (slow)
Ruído continuo-fluctuante: estatístico
Ruído esporádico: lento (slow)
- Número de rexistros.- O número de rexistros dependerá do tipo de ruído, aténdose ó establecido nos puntos que se desenvolven nos seguintes parágrafos:
5.1. Ruído continuo-uniforme.
Efectuaranse tres rexistros en cada estación de medida, cunha duración de 15 segundos cada un e cun intervalo de 1 minuto entre cada rexistro. O valor considerado en cada medición será o máximo nivel instantáneo (MaxL) rexistrado.
O nivel de emisión externa (N.E.E.) da fonte sonora virá dado pola media aritmética dos tres rexistros realizados.
Para as fontes omnidireccionais, o valor final representativo do seu nivel de emisión externa (N.E.E.) virá dado pola media aritmética dos valores obtidos en cada unha das tres estacións de medida.
5.2. Ruído continuo-variable.
De forma semellante á descrita no punto anterior.
5.3. Ruído continuo-fluctuante.
Efectuarase un rexistro en cada estación de medida cunha duración que dependerá das características do ruído a medir, de xeito que o tempo de observación sexa suficientemente representativo e, en xeral, superior a 15 minutos.
O nivel de emisión externa da fonte sonora virá representado polo índice , valor que será proporcionado automaticamente pola memoria do analizador estatístico.
Para as fontes omnidireccionais, o valor final representativo do seu nivel de emisión externa (N.E.E.) virá dado pola media aritmética dos valores obtidos en cada unha das tres estacións de medida.
5.4. Ruído esporádico.
Efectuaranse tres rexistros do episodio ruidoso en cada estación de medida. O valor considerado en cada medición será o máximo nivel instantáneo (MaxL) rexistrado polo aparato de medida.
O nivel de emisión externa da fonte sonora virá representado pola media aritmética dos tres rexistros realizados.
Para as fontes omnidireccionais, o valor final representativo do seu nivel de emisión externa virá dado pola media aritmética dos valores obtidos en cada unha das tres estacións de medida.
Apartado III. Nivel de recepción interna con orixe interna (N.R.I.I.).
- A medida do nivel de recepción interna con orixe interna (N.R.I.I.) a que se refire o artigo 8.2.1 desta Ordenanza realizarase tendo en conta as prescricións detalladas nos puntos que se desenvolven no presente apartado.
- Características ambientais.- A medición realizarase coa(s) ventá(s) e porta(s) pechadas, de xeito que se reduza ó mínimo a influencia do ruído exterior de fondo. Reducirase tamén ó mínimo imprescindible o número de persoas asistentes á medición e, se as características do equipo o permiten, desaloxarase totalmente o recinto.
- Posta en estación do equipo de medida.- Seleccionarase unha estación de medida que cumpra cos requisitos seguintes:
- Situará o micrófono do equipo de medida a 1 metro da parede do recinto e a 1,20 m do chan.
- A selección realizarase de xeito que a estación de medida afecte a aquela parede que se considere fundamental no que a transmisión de ruído se refire. En caso de non existir unha parede fundamental, seleccionarase preferentemente a parede oposta a aquela por onde se manifesta o ruído de fondo (xeralmente a fachada).
- Sobre o lugar preseleccionado moverase experimentalmente o sonómetro paralelamente á parede transmisora tratando de localiza-lo punto de maior presión acústica. Este movemento realizarase ó longo de 0,50 metros en cada sentido. No lugar onde se aprecie maior intensidade acústica fixarase a estación de medida definitiva.
- A situación do equipo de medida reflectirase e acoutarase nun deseño realizado para o efecto.
- O micrófono orientarase de forma sensiblemente octogonal cara á parede (ángulo horizontal) e lixeiramente inclinado cara arriba (ángulo vertical).
- Característica introducida.- A característica de medición introducida no sonómetro dependerá do tipo de ruído a medir, aténdose ó disposto a seguir:
Ruído continuo-uniforme: rápido (fast)
Ruído continuo-variable: lento (slow)
Ruído continuo-fluctuante: estatístico
Ruído esporádico: lento (slow)
- Número de rexistros.- O número de rexistros dependerá do tipo de ruído, aténdose ó establecido nos puntos que se desenvolven nos seguintes parágrafos:
5.1. Ruído continuo-uniforme.
Efectuaranse tres rexistros na estación de medida seleccionada, cunha duración de 15 segundos cada un e cun intervalo de 1 minuto cada rexistro. O valor considerado en cada medición será o máximo nivel instantáneo (MaxL) rexistrado.
O nivel de recepción interna con orixe interna (N.R.I.I.) da fonte sonora virá dado pola media aritmética dos tres rexistros realizados.
5.2. Ruído continuo-fluctuante.
Efectuarase un rexistro na estación de medida seleccionada, cunha duración que dependerá das características do ruído que se vai medir, de xeito que o tempo de observación sexa suficientemente representativo e, en xeral, superior a 15 minutos.
O nivel de recepción interna con orixe interna da fonte sonora virá representado polo índice , valor que será proporcionado automaticamente pola memoria do analizador estatístico.
5.4. Ruído esporádico.
Efectuaranse tres rexistros do episodio ruidoso na estación de medida seleccionada. O valor considerado en cada medición será o máximo nivel instantáneo (MaxK) rexistrado polo aparato de medida.
O nivel de recepción interna con orixe interna da fonte sonora virá representado pola media aritmética dos tres rexistros realizados.
Apartado IV. Nivel de recepción interna con orixe externa (N.R.I.E.).
- A medida do nivel de recepción interna con orixe externa (N.R.I.E.) a que se refire o artigo 8.2.1. desta Ordenanza realizarase tendo en conta as prescricións detalladas nos puntos que se desenvolven no presente apartado.
- Características ambientais.- A medición realizarase coa(s) ventá(s) do recinto pechada(s), salvo que a utilización habitual se produza coas ventás abertas. Desistirase da medición cando as condicións ambientais (temperatura e humidade) queden fóra do rango das condicións de medida do equipo utilizado.
Cando a velocidade do vento sexa superior a 3 m/s, desistirase da medición. Con velocidades inferiores, poderase efectua-la medición sempre que se utilice o equipo de medida coa súa correspondente pantalla contra o vento.
Cando a fonte de ruído considerada se encontre afastada da estación de medida, o nivel de recepción interna con orixe externa dependerá significativamente das condicións climáticas, polo que no informe da medición se reflectirán as condicións existentes durante a mesma. Se é posible, obterase un valor típico e unha indicación sobre a marxe de variación.
- Posta en estación do equipo de medida.- O equipo situarase xunta ó oco da ventá, co micrófono igualado ("enrasado") co plano da fachada exterior e orientado cara á fonte sonora. A(s) ventá(s) permanecerá(n) aberta(s).
- Característica introducida.- A característica de medición introducida no sonómetro dependerá do tipo de ruído a medir, aténdose ó disposto a seguir:
Ruído continuo-uniforme: rápido (fast)
Ruído continuo-variable: lento (slow)
Ruído continuo-fluctuante: estatístico
Ruído esporádico: lento (slow)
- Número de rexistros.- O número de rexistros dependerá do tipo de ruído, aténdose ó establecido nos puntos que se desenvolven nos seguintes parágrafos:
5.1. Ruído continuo-uniforme.
Efectuaranse tres rexistros na estación de medida seleccionada, cunha duración de 15 segundos cada un e cun intervalo de 1 minuto entre cada rexistro. O valor considerado en cada medición será o máximo nivel instantáneo (MaxL) rexistrado.
O nivel de recepción interna con orixe externa (N.R.I.E.) da fonte sonora virá dado pola media aritmética dos tres rexistros realizados.
5.2. Ruído continuo-variable.
De forma semellante á descrita no punto anterior.
5.3. Ruído continuo-fluctuante.
Efectuarase un rexistro na estación de medida seleccionada, cunha duración que dependerá das características do ruído a medir, de xeito que o tempo de observación sexa suficientemente representativo e, en xeral, superior a 15 minutos.
O nivel de recepción interna con orixe externa da fonte sonora virá representado polo índice , valor que será proporcionado automaticamente pola memoria do analizador estatístico.
5.4. Ruído esporádico.
Efectuaranse tres rexistros do episodio ruidoso na estación de medida seleccionada. O valor considerado en cada medición será o máximo nivel instantáneo (MaxK) rexistrado polo aparato de medida.
O nivel de recepción interna con orixe externa da fonte sonora virá representado pola media aritmética dos tres rexistros realizados.
Apartado V. Nivel de recepción externa (N.R.E.).
- A medida do nivel de recepción externa (N.R.E.) a que se refire o artigo 8.2.2 desta Ordenanza realizarase tendo en conta as prescricións detalladas nos puntos que se desenvolven no presente apartado.
- Características ambientais.- A medición realizarase coa(s) ventá(s) do recinto aberta(s). Desistirase da medición cando as características ambientais (temperatura e humidade) queden fóra do rango das condicións de medida do equipo utilizado.
Con velocidades do vento superiores a 3m/s, desistirase da medición. Cando sexan inferiores, poderase efectua-la medición sempre que se utilice o equipo de medida coa súa correspondente pantalla contra o vento.
Cando a fonte de ruído considerada se atope afastada da estación de medida, o nivel de recepción externa dependerá significativamente das condicións climáticas, polo que no informe da medición se reflectirán as condicións existentes durante a mesma. Se é posible, obterase un valor típico e unha indicación sobre a marxe de variación.
- Posta en estación do equipo de medida.- O equipo instalarase a 1,20 metros do chan e a 3,50 metros, como mínimo, das paredes, edificios ou calquera outra superficie reflectante e co micrófono orientado contra a fonte sonora.
Cando as circunstancias o requiran, poderanse modificar estas características, especificándoo no informe de medición. En todo caso, realizarase un deseño acoutado coa situación do sonómetro.
- Característica introducida.- A característica de medición introducida no sonómetro dependerá do tipo de ruído a medir, aténdose ó disposto a continuación:
Ruído continuo-uniforme: rápido (fast)
Ruído continuo-variable: lento (slow)
Ruído continuo-fluctuante: estatístico
Ruído esporádico: lento (slow)
- Número de rexistros.- O número de rexistros dependerá do tipo de ruído, aténdose ó establecido nos puntos que se desenvolven nos seguintes parágrafos:
5.1. Ruído continuo-uniforme.
Efectuaranse tres rexistros na estación de medida seleccionada, cunha duración de 15 segundos cada un e cun intervalo de 1 minuto entre cada rexistro. O valor considerado en cada medición será o máximo nivel instantáneo (MaxL) rexistrado.
O nivel de recepción externa (N.R.E.) da fonte sonora virá dado pola media aritmética dos tres rexistros realizados.
5.2. Ruído continuo-variable.
De forma semellante á descrita no punto anterior.
5.3. Ruído continuo-fluctuante.
Efectuarase un rexistro na estación de medida seleccionada, cunha duración que dependerá das características do ruído a medir, de xeito que o tempo de observación sexa suficientemente representativo e, en xeral, superior a 15 minutos.
O nivel de recepción externa da fonte sonora virá representado polo índice , valor que será proporcionado automaticamente pola memoria do analizador estatístico.
5.4. Ruído esporádico.
Efectuaranse tres rexistros do episodio ruidoso na estación de medida seleccionada. O valor considerado en cada medición será o máximo nivel instantáneo (MaxK) rexistrado polo aparato de medida.
O nivel de recepción externa da fonte sonora virá representado pola media aritmética dos tres rexistros realizados.
Apartado VI. Corrección por ruído de fondo.
- Se durante a medición de calquera dos niveis de ruído a que se refiren os cinco apartados anteriores deste anexo se observa a existencia de ruído alleo á fonte sonora obxecto da medición e se considera que dito ruído pode afectar ó resultado da mesma, efectuarase unha corrección por ruído de fondo, tal como se indica nos puntos que se desenvolven seguidamente.
- Localizarase a orixe do ruído alleo á fonte sonora obxecto de medición e anularase mentres dure a mesma.
- Se non é posible dita anulación, realizarase unha corrección do nivel total medido (N1), de acordo coas instruccións dadas a continuación.
- Medirase o nivel acústico do conxunto formado pola fonte sonora máis o ruído de fondo. Dito valor designarase N1.
- Pararase a fonte sonora e medirase (nas mesmas condicións) o nivel producido polo ruído de fondo. O seu valor designarase N2.
- Establecerase a diferencia (m) entre os dous niveis medidos: .
- En función do valor (m) obterase a corrección (C), que deberá aplicarse ó nivel N1. O valor da dita corrección figura no cadro seguinte:
CORRECCIÓN POR RUÍDO DE FONDO Valor da diferencia de nivel (m) 0/3,5 3,5/4,5 4,5/6 6/8 8/10 máis de 10 - 3 2,5 2 1,5 0 - En caso de que o valor (m) estea entre 0 e 3,5, rexeitarase a medición, realizándose unha nova noutro momento en que o ruído de fondo sexa menor.
- Nos casos que o valor (m) sexa superior a 3,5, determinarase o valor da corrección correspondente (C) e restarase do valor (N1), obtendo así o valor final representativo do nivel sonoro da fonte obxecto da medición (N); é dicir: .
Apartado VII. Corrección de tons audibles.
- Se durante a medición de calquera dos niveis de ruído a que se refiren os apartados I a V deste anexo se observa a existencia de tons audibles, aplicarase a penalización correspondente en función da pureza dos ditos tons.
- A determinación da existencia de tons audibles realizarase baseándose no procedemento que se desenvolve nos puntos seguintes:
- Medición do espectro do ruído en bandas de tercio de oitava entre as frecuencias comprendidas entre 20 e 8.000 Hz.
- Determinación daquela(s) banda(s) na(s) que a presión acústica sexa superior á presión existente nas súas bandas laterais.
- Determinación das diferencias existentes entre a presión acústica da banda considerada e das bandas laterais, calculando posteriormente a media aritmética das ditas diferencias (Dm).
Considerarase aquela banda en que o valor da penalización correspondente sexa máxima.
- Determinación da penalización aplicable.- A penalización aplicable pola existencia de tons audibles será a que se reflecte no cadro seguinte:
CORRECCIÓNS DE TONS AUDIBLES Zona considerada de espectro. Dm. igual ou maior a: 5 dB 8 dB 15 dB 20 a 125 Hz 1dB (A) 3dB (A) 5dB (A) 160 a 400 Hz 3dB (A) 5dB (A) 5dB (A) 500 a 8000 Hz 5dB (A) 5dB (A) 5dB (A)
Apartado VIII. Corrección por porcentaxe de ruído.
Na medición de calquera dos niveis de ruído a que se refiren os apartados I ó V deste anexo, aplicarase a correspondente penalización-despenalización cando a duración do citado ruído, respecto a un tempo de observación suficientemente significativo, estea por exceso ou por defecto en situacións extremas.
Para estes efectos, considérase un tempo de observación de 14 horas, se o ruído é diurno, e de 10 horas, se o ruído é nocturno.
Os valores destes coeficientes de corrección fíxanse na táboa seguinte:
| DURACIÓN DO RUÍDO (%) | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| 0/5 | 5/10 | 10/90 | 90/95 | 95/100 | |
| PENALIZACIÓN | 3dB(A) | 5dB(A) | |||
| DESPENALIZACIÓN | 5 dB(A) | 3dB(A) | |||