TÍTULO II. NIVEIS DE PERTURBACIÓN POR RUÍDOS E VIBRACIÓNS
Artigo 12º. Valoración dos ruídos e vibracións.
A intervención municipal tenderá a conseguir que as perturbacións por ruídos e vibracións evitables non excedan dos límites que se indican ou a que se fai referencia neste título.
Utilizarase como equipo de medida un sonómetro con rede de ponderación "A" e resposta rápida que cumpra as Normas UNE-20464/92 "Sonómetro de precisión" ou UNE 21323-/1975 "Propostas relativas ós sonómetros". Poden usarse outros equipos de medida que inclúan, por exemplo, rexistradores de nivel, de cinta magnética ou equivalente, sempre que as súas características sexan compatibles cos dous sonómetros especificados anteriormente.
A valoración dos niveis de ruído rexerase polas normas que seguen:
Primeira: A medición levarase a cabo na situación en que as molestias sexan máis acusadas.
Segunda: A medición levarase a cabo nas condicións establecidas no Anexo.
Para reduci-lo efecto das perturbacións debidas ás ondas estacionarias, efectuaranse, cando menos, tres lecturas de nivel sonoro en posicións que estean a unha distancia de 0,5 metros da posición inicial. A media aritmética das lecturas determinará o valor da medida.
As medidas realizaranse, normalmente, coas fiestras pechadas.
Ruído de fondo: Para avalia-los niveis de ruído na forma sinalada anteriormente, terase en consideración o nivel sonoro de fondo que se aprecie durante a medición, de acordo co procedemento incluído no anexo desta Ordenanza.
Terceira.- En previsión dos posibles erros de medición, cando esta requira unha especial precisión, adoptaranse as seguintes precaucións:
- Contra o efecto de pantalla: O observador sitúase no plano normal ó eixe do micrófono e o máis separado posible do mesmo, de xeito que sexa compatible coa lectura da escala sen erro de paralelaxe.
- Contra a distorsión direccional: Situado en estación o aparello, daráselle a volta no interior do ángulo sólido determinado por un octante e fixarase na posición en que a lectura sexa equidistante dos valores extremos así obtidos.
- Contra o efecto do vento: Cando se considere que a velocidade do vento resulta superior a 0,8 metros/segundo, empregarase unha pantalla que protexa o aparello. Para velocidades superiores a 1,6 metros/segundo desistirase da medición, salvo que se empreguen aparellos especiais.
- Contra o efecto crista: Iniciaranse as medidas seleccionando no sonómetro a resposta rápida (fast). Cando a indicación do aparello fluctúe máis de 4 dB(A), pasarase á resposta lenta (slow). Neste caso, se o indicador fluctúa máis de 6 db(A), deberase utiliza-la resposta impulso.
Artigo 13º. Límites ó ruído e vibracións.
- Ningunha fonte sonora deberá emitir nin transmitir niveis de ruído superiores ós establecidos no vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana e ós 3 sinalados no cadro I que se xunta a este título.
CADRO I: A Norma ISO-R.1996 clasifica as diferentes zonas urbanas de acordo coa sensibilidade acústica e establece os seguintes niveis de ruído:
NIVEIS DE RUÍDO PERMITIDOS NO EXTERIOR ZONA NIVEIS EQUIVALENTES DÍA NOITE Sanitaria 45 dBA 35 dBA Uso de vivenda urbana 55 dBA 45 dBA Vivenda residencial 50 dBA 40 dBA Usos comerciais 65 dBA 55 dBA Industrial 75 dBA 65 dBA NIVEIS DE RUÍDO PERMITIDOS NO INTERIOR TIPO DE ESTABLECEMENTO NIVEIS EQUIVALENTES Clínicas e hospitais 25 dBA 20 dBA Museos e bibliotecas 30 dBA 30 dBA Hoteis 40 dBA 30 dBA Escolas e centros docentes 40 dBA 30 dBA Cines, teatros e auditorios -- 40 dBA Oficinas e despachos 45 dBA 45 dBA Restauración (Restaurantes, bares, pubs) 55 dBA 50 dBA Supermercados e almacéns 65 dBA 55 dBA NIVEL DE INMISIÓN NIVEIS LÍMITE (dBA) ZONIFICACIÓN TIPO DE LOCAL DÍA (8-22) NOITE (22-8) EQUIPAMENTOS Sanitario e benestar social 25 20 Cultural e relixioso 30 30 Educativo 40 30 Para o ocio 40 40 SERVICIOS TERCIARIOS Hospedaxe 40 30 Oficinas 45 35 Comercio 55 40 RESIDENCIAL Pezas habituais, excepto cociña e cuartos de baño 35 30 Corredores, aseos e cociñas 40 35 NIVEL DE EMISIÓN NIVEIS LÍMITE (dBA) SITUACIÓN DA ACTIVIDADE DÍA (8-22) NOITE (22-8) Zona de equipamento sanitario 45 35 Zona con residencia, servicios terciarios non comerciais ou equipamentos non sanitarios 55 45 Zonas con actividades comerciais 65 55 Zonas con actividades industriais ou servicios urbanos, excepto servicios da administración 70 55 - Por razón da organización de actos con especial proxección oficial, cultural, recreativa ou doutra natureza, ou ben por tradicional consenso da poboación, o Concello poderá adopta-las medidas necesarias para modificar con carácter temporal os niveis a que fai alusión o punto (A) deste artigo en determinadas zonas do recinto urbano.
- No non previsto nos parágrafos anteriores, en ningún edificio que -ademais doutros- teña uso de vivenda se poderá xerar ruído que sobrepase os 90 dBA.
- 1.1.- Ningún aparello mecánico poderá transmitir ós elementos sólidos que compoñen a compartimentación do recinto receptor niveis de vibración superiores ós sinalados no anexo A da Norma ISO-2631-E, e que son os seguintes:
ESTÁNDARES LIMITADORES PARA A TRANSMISIÓN DE VIBRACIÓNS USO DO RECINTO AFECTADO PERÍODO CURVA BASE Sanitario Diurno 1 Nocturno 1 Residencial Diurno 2 Nocturno 1,4 Oficinas Diurno 4 Nocturno 4 Almacén e comercial Diurno 8 Nocturno 8 - Para os efectos do establecido no apartado anterior, consideraranse as curvas base que se detallan no gráfico adxunto ó presente título.
CURVAS BASE PARA DETERMINAR MOLESTIAS POR VIBRACIÓNS NOS EDIFICIOS
- A magnitude determinante da vibración será a súa aceleración medida sobre un eixo e corrixida mediante a aplicación da ponderación combinada sobre os tres eixes (r.m.s) en .
- Para cuantifica-la intensidade da vibración, utilizarase calquera dos procedementos que se indican nos apartados seguintes:
- Determinación por lectura directa da curva que corresponde á vibración considerada.
- Medición do espectro da vibración considerada en bandas de tercio de oitava (entre 1 e 80 Hz) e determinación posterior da curva base mínima que contén dito espectro. Para estes efectos, utilizarase o diagrama do apartado 1.2.
- En caso de variación nos resultados obtidos por un ou outro sistema, considerarase o valor máis elevado.
- No informe da medición, consignaranse, ademais, os datos seguintes:
- Plano acoutado sobre a situación do acelerómetro.
- Vibración de fondo unha vez paralizada a fonte xeradora das vibracións.
- En todo caso, non poderá permitirse ningunha vibración que sexa detectable sen instrumentos de medida nos lugares onde se efectúa a comprobación.
- O acelerómetro fixarase na zona firme do chan, teitos ou forxados no centro das habitacions do inmoble receptor das vibracións.
- Para os efectos do establecido no apartado anterior, consideraranse as curvas base que se detallan no gráfico adxunto ó presente título.