TÍTULO IV. NORMAS REGULADORAS DA CONCESIÓN DE LICENCIAS DE APERTURA DE ESTABLECEMENTOS PÚBLICOS E ACTIVIDADES RECREATIVAS
DISPOSICIÓNS XERAIS
Artigo 21º. Descrición das actividades.
En desenvolvemento e aclaración de tódalas actividades contempladas no anexo ó regulamento de espectáculos públicos e actividades recreativas, e sen prexuízo da súa
aplicación a calquera outra do mesmo carácter, independentemente do nome comercial que, no seu caso, poida figurar, recóllese a seguinte relación de establecementos públicos:
Bar
Establecemento público destinado á expedición de bebidas e comidas que adoitan tomarse de pé ante a barra ou en mesas.
Barra americana
Establecemento público onde, nun ambiente marcadamente erótico e amenizado con música, se vende todo tipo de bebidas. Quedan incluídos dentro desta categoría os bares de alterne, uisquerías e os night-clubs.
Billar
Establecemento onde se practica o xogo de habilidade consistente en impulsar cun taco de pao alongado, bolas de marfil nunha mesa rectangular forrada de pano. Pode abranguer tamén a actividade de cafetería.
Bingo
Establecemento público onde se desenvolve o xogo de azar consistente nuns números postos nun cartón e un xogo de bolas numeradas, que se sacan de unha en unha obtendo premio o xogador que primeiro completa o seu cartón. Pode abranguer tamén a actividade de cafetería.
Bodegón ou taberna
Establecemento público destinado á expedición de viños e tapas.
Boleira
Establecemento onde se practica o xogo de habilidade consistente en tirar sobre nove paos labrados en forma alongada, denominados bolos, cunha bola. Pode abranguer tamén a actividade de cafetería.
Café
Establecemento onde se bebe café ou outras bebidas.
Café-bar especial
Nas súas variantes actuais pode estar amenizado con música ambiental, quedando asimilado ó pub.
Café-cantante
Establecemento público de características similares ó anterior, pero amenizado por cantantes ou músicos.
Café-concerto
Teatro onde os espectadores poden fumar e beber, cun programa ambiental.
Cafetería
Establecemento público destinado á expedición de café e bebidas de calquera clase. Serve tamén, por un prezo establecido e principalmente na barra ou expositor, a calquera hora dentro das que permaneza aberta, pratos fríos e quentes, simples ou combinados, confeccionados de ordinario á prancha, para refrixerio rápido.
Churrerías, pastelarías, chocolaterías, docerías e análogos
Establecementos públicos destinados á expedición de refrescos, chocolates, churros, pasteis e doces.
Disco-bar, piano-club ou similares
Establecementos con ambiente musical onde, ademais de expenderse todo tipo de bebidas, se goza dun ambiente musical.
Discoteca
Local de pública concorrencia onde se expenden bebidas alcólicas e se baila con acompañamento musical, habitualmente a base de soportes discográficos.
Karaoke
Establecemento público onde se expenden todo tipo de bebidas e onde os usuarios intentan reproducir coa súa voz, sobre un fondo musical que os guía e arroupa, calquera das cancións.
Ping-pong
Establecemento onde se practica o xogo de salón parecido ó tenis que se realiza sobre unha mesa. Pode abranguer tamén a actividade de cafetería.
Pub
Establecemento onde se poden tomar todo tipo de bebidas, con acompañamento musical, podendo ter unha zona especial destinada ó baile. Tamén chamado disco-bar.
Restaurante
Establecemento público onde se serven comidas. As súas diversas clases abranguen unha gama infinita, dende a modesta casa de comidas que proporciona un menú fixo a prezos moi económicos ata os suntuosos restaurantes de sona: quedan encadrados dentro desta categoría as súas variantes, como vendas, mesóns, grellas, etc.
Sala de festas
Salón de baile ou cabaré. Lugar de lecer onde se bebe, se baila e se representan espectáculos, principalmente de noite. Sinónimo de boite e de music-hall.
Salón de xogos recreativos
Establecemento onde se xoga en máquinas de azar, mediante prezo, e onde se xoga tamén a xogos de habilidade. Pode abranguer tamén a actividade de cafetería.
"Tablao" flamenco
Local público que dispón de estrado ou escenario para actuacións dun determinado espectáculo flamenco. O termo estivo referido nun principio ós denominados cafés-cantantes.
Artigo 22º. Clasificación das actividades polo seu grao de molestia.
- Clasifícanse as distintas actividades de ocio en función do seu grao de molestia. Así, teremos:
- GRUPO I
- Bar, café.
- Café-bar.
- Cafetería.
- Restaurante, mesón, grella.
- Taberna e adega.
- GRUPO II
- Café-bar especial.
- Pub.
- Disco-bar.
- Salas de bingo, billar, ping-pong.
- Salas de xogos recreativos.
- Boleiras.
- GRUPO III
- Café cantante.
- Café concerto.
- Karaoke.
- GRUPO IV
- Discoteca e sala de baile.
- Sala de festas.
- "Tablao" flamenco.
- Music-hall.
- GRUPO V
- Barra americana.
- Bares de alterne.
- Night club.
- Uisquería.
O desenvolvemento de actividades que non estean expresamente comprendidas na nomenclatura dos tipos referenciados encadrarase no Grupo que teña máis afinidade.
Tódalas actividades, para obte-la licencia, deberán encadrarse e definirse necesariamente nalgún dos Grupos que clasifica esta Ordenanza, independentemente do que lles faculte o seu epígrafe fiscal. O exercicio dunha actividade amparado en normas fiscais ou doutra orde non poderá desnaturaliza-lo exercicio da actividade efectivamente desenvolvida.
No non previsto na presente clasificación haberá que aterse ó disposto no Regulamento Xeral da Policía de Espectáculos Públicos ou norma que o substitúa e normativa específica, caso de habela.
- GRUPO I
Artigo 23º. Relación do local coa vía pública.
- Cando se trate de locais en edificios que teñan fachada a dúas ou máis rúas, a limitación por distancia entenderase referida a ámbalas dúas fachadas.
- Tódalas actividades comprendidas nesta Ordenanza, e en especial as de ocio nocturno, deberán adoptar durante o seu funcionamento as medidas oportunas para evitar que o público efectúe as consumicións, dispensadas no local, na vía pública. Nas galerías, non se ocupará o corredor; estes permanecerán libres e serán insonorizados co mesmo nivel esixible ó local de maior nivel sonoro existente.
- Debido ós riscos de lesións auditivas que implica a prolongada exposición a niveis de presión sonora superiores a 90 dB(A), ningún establecemento poderá supera-lo citado nivel sonoro.
- Tódalas actividades susceptibles de producir molestias por ruído deberán exercerse coas portas e fiestras pechadas.
- Nos locais onde se desenvolvan as actividades reguladas pola presente Ordenanza soamente será posible a instalación de aparellos de reprodución musical cando estean expresamente habilitados para isto no título de expedición da licencia.
- Nas actividades clasificadas no Grupo V (barras americanas, etc.), fixase como condición especial para o seu funcionamento a intimidade, a discreción, estando prohibida a exhibición e o reclamo exterior.
- Non se permitirá a instalación e uso dos aparellos de reprodución musical nas terrazas.
- Non se permitirá a instalación de aparellos de reprodución musical nin de videos musicais, nos locais do GRUPO I.
- Non se permitirá a instalación e uso de aparellos de reprodución musical no exterior dos establecementos suxeitos a esta Ordenanza.
Artigo 24º. Condicións mínimas que deben reuni-los locais.
- Alturas.
Sen prexuízo do cumprimento doutras normas e ordenanzas que sexan de aplicación, nos locais que, de forma xenérica, poidan catalogarse de pública concorrencia, a altura mínima libre acabada, incluídas as decoracións que sirvan de complemento, será a establecida no vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana e Planeamento de desenvolvemento.
- Os locais que teñan varias plantas, sempre e cando o planeamento o permita, deberán cumprir, ademais, as seguintes condicións:
- Cando a actividade se realice en varias plantas, todas elas deberán reuni-las condicións fixadas no parágrafo precedente.
- Para que un soto poida ser utilizado como complementario dunha actividade principal, ademais de cumpri-los requisitos en materia de seguridade e condicións hixiénico-sanitarias, deberá acreditarse que non se trata dun cambio de uso da súa anterior utilización.
- O soto e a entreplanta quedarán vinculados fisicamente á planta baixa e non poderá accederse a eles dende os elementos comúns do inmoble.
- Superficies mínimas esixibles.
A superficie mínima dos establecementos medida en planta baixa, sen computar entreplanta, se a houbese, será de:
- Esixiranse a tódalas actividades comprendidas nos Grupos II, III, IV e V as seguintes condicións:
- Solo flotante.
- Teito illante suspendido.
- Pechamentos dobres.
- Portas acústicas.
- Dobre porta.
- Ausencia de fiestras practicables e ocos ó exterior.
- Ventilación forzada e aire acondicionado.
Artigo 25º. Identificación dos establecementos de pública concorrencia.
Tódalas actividades reguladas nesta Ordenanza terán visible na fachada de entrada unha placa identificativa na que deberán consta-los seguintes datos:
- Categoría ou Grupo ó que corresponde a súa actividade e licencia concedida.
- Capacidade do local permitida en función da superficie do local.
- Número de licencia.
- Nivel de emisión interna (N.E.I.) permitido.
- Horario autorizado de apertura e peche.
- Autorización de aparellos de reprodución musical.
O Concello entregará a placa identificativa coa licencia de apertura.
Artigo 26º. Horario de peche e as súas limitacións.
- Considérase horario nocturno o comprendido entre as 22 e as 8 horas, no que descende o nivel de ruídos permitido por esta Ordenanza.
- Os locais comprendidos na presente Ordenanza axustarán o horario de funcionamento ás normas que dicte en cada caso a entidade pública que teña encomendada esta competencia.
- Fixado pola autoridade competente o horario de peche correspondente ás distintas actividades, non poderá seguir funcionando ningún instrumento ou aparello musical (radio, televisión, magnetófonos, tocadiscos, altofalantes, pianos, etc.), dentro ou fóra do local, mentres non transcorreran oito horas dende a hora fixada para o seu peche.
- De forma xeral, e para tódalas actividades reguladas nesta Ordenanza, logo da súa hora de peche e no decurso das seguintes oito horas, os niveis de emisión interna de ruídos (N.E.I.) non poderán sobrepasa-los 25 dB(A).
- Queda terminantemente prohibido o acceso de menores de idade sen acompañamento dos seus pais ou persoas responsables ós locais, agás nos supostos en que se autorice especificamente o seu funcionamento para actividades xuvenís nos Grupos II, III e IV, en franxa horaria de 18 a 22 horas e con prohibición absoluta de venda e exhibición de alcohol.
Artigo 27º. Instalación de dispositivos de control (SONÓGRAFOS).
- Para o mellor control dos límites sonoros establecidos nesta Ordenanza, establécese para tódalas actividades de nova instalación e clasificadas dentro dos Grupos II, III, IV e V a obriga de instalar dispositivos de control permanente da emisión fónica, que incluso provoquen a interrupción da emisión cando supere os límites establecidos. Os gastos que se ocasionen pola realización desta instalación, incluído o custo do aparato, serán de cargo dos titulares da actividade.
- O dispositivo de control (sonógrafo ou caixa negra) deberá te-las seguintes prestacións:
- Rexistrar e almacena-lo período de funcionamento ruidoso da actividade en cuestión, rexistrando data e hora de inicio e data e hora de terminación, cos seus correspondentes niveis de inmisión de ruídos.
- Rexistrar e almacena-los períodos de funcionamento das fontes sonoras co obxecto de poder controla-la súa correcta actuación.
- Conserva-la información dos apartados anteriores durante un tempo determinado para permitir unha inspección a posteriori.
- Dispoñer dun sistema que permita ós Servicios Técnicos Municipais rescata-la información almacenada e trasladala ós sistemas informáticos do Servicio de Inspección para a súa posterior análise e avaliación, permitindo a impresión dos mesmos.
- Así mesmo, deberá dispor dun dispositivo de protección sobre posibles manipulacións á "caixa negra", realizándose mediante chaves electrónicas ou claves de acceso.
- Os dispositivos de control (sonógrafo ou caixa negra) terán que ser homologados polo organismo competente.
DISPOSICIÓNS ESPECÍFICAS
Artigo 28º. Niveis de illamento acústico.
- Como norma xeral, ás actividades con horario nocturno esixiráselles un illamento acústico mínimo de 60 dB(A) respecto ós locais destinados a uso residencial.
- En canto ás actividades de ocio nocturno, seranlles esixibles os niveis mínimos de illamento que seguen:
- Os locais destinados a bar, cafetería, restaurante e similares (Grupo I), de 60 dB (A).
- Os que se destinen a bar especial, pub e similares (Grupo II), de 65 dB (A).
- Os dos Grupos III e V, como os cafés-cantantes, karaokes, barras americanas, de 70 dB (A).
- Aqueles destinados a discoteca, disco-bar, sala de festas e similares (Grupo IV) con pista de baile, de 75 dB (A).
- En calquera suposto, sexa cal sexa o illamento acústico acadado, nunca se poderán supera-los límites de inmisión fixados nos artigos desta Ordenanza para estes establecementos.
- O suxeito pasivo con obriga de incrementa-lo illamento ata os mínimos sinalados é o titular do foco emisor do ruído.
Artigo 29º. Tratamento acústico dos locais.
En relación co indicado no artigo anterior, será obrigatorio o tratamento acústico de paredes, solos e teitos co fin de garanti-los illamentos mínimos requiridos.
O certificado de final de obra garantirá que os materiais proxectados foron instalados.
Para isto, antes de concederse a licencia de apertura, o Concello esixirá á propiedade un certificado asinado polo técnico competente que, nomeado polo titular, dirixirá as obras e instalacións das medicións e do illamento acústico conseguido, sen prexuízo das
comprobacións que leve a cabo a inspección municipal e dos trámites regulamentarios que, en canto á concesión da licencia, se establecen no Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas.
Artigo 30º. Dobre porta.
- Co fin de evita-la transmisión sonora directamente ó exterior, nos establecementos dotados de equipo musical e, en xeral, en tódolos incluídos nos Grupos II, III, IV e V, será obrigatoria a instalación dunha dobre porta, con peche automático e dispositivo antipánico de apertura manual, e constituíndo un vestíbulo cortaventos.
- Tamén será obrigatoria de forma xeral para tódolos establecementos cando se superen os 65 dB(A) entre as 22 e as 8 horas, medidos a un metro e medio da fachada no exterior, coa porta aberta e fronte a ela.
- Estas portas deberán permanecer constantemente pechadas, agás para a entrada e saída de persoas.
Artigo 31º. Documentación específica.
Para conceder licencia de instalación dunha actividade con equipo de música ou que inclúa actuacións musicais, ademais da documentación que legalmente se esixe en cada caso, será preciso presentar un estudio realizado por un técnico competente no que se describan os seguintes aspectos da instalación:
- Descrición do equipo musical (potencia acústica e gama de frecuencias).
- Situación, número de altofalantes e descrición das medidas correctoras (direccionalidade, suxeición, localización do sonógrafo, etc.).
- Descrición dos sistemas de illamento acústico con detalle das pantallas illantes, especificación das gamas de frecuencias e absorción acústica.
- Fixación do tope de potencia fónica en función do nivel de emisión permitido para cada caso.
Unha vez presentado o estudio técnico, os servicios técnicos municipais comprobarán a instalación, reproducindo no equipo que se vai inspeccionar un son co mando do potenciómetro de volume ó máximo nivel, e, con esas condicións, medirán o ruído en tódalas vivendas ou locais contiguos ou lindeiros. O nivel máximo medido non poderá sobrepasa-los límites fixados nesta Ordenanza.
Artigo 32º. Documentación para novas instalacións.
- A solicitude de licencia de apertura formularase mediante instancia dirixida á Alcaldía-Presidencia, na que se fagan consta-los seguintes datos do solicitante: nome, apelidos, documento nacional de identidade, enderezo, teléfono e lugar en que trata de instala-la actividade.
Na instancia recollerase exactamente o carácter co que intervén o solicitante, indicando se actúa no seu nome ou en representación doutro. Nese caso, acreditará a súa representación e os datos correspondentes ó representado.
Conxuntamente coa solicitude de licencia de apertura ou con posterioridade á mesma, deberá solicitarse a correspondente licencia de obras.
- Xunto coa solicitude, deberá presentarse un proxecto técnico, por triplicado, asinado polo técnico ou técnicos competentes e visado polos respectivos colexios oficiais, no que constarán os documentos seguintes:
A.- Memoria, que comprenda:
- Descrición Técnica detallada de:
- As características da actividade.
- A maquinaria que se vai instalar, indicando o tipo e as súas características, así como o número de H.P. de cada unha.
- A superficie total do local e de cada un dos departamentos que o conforman (aseos, vestiario, almacén, etc.).
- Os medios e sistemas correctores para reduci-la transmisión de ruídos e vibracións, cos correspondentes cálculos xustificativos que garantan a obtención do nivel sonoro admisible, de conformidade co artigo 13º desta Ordenanza.
- O procedemento de depuración e eliminación de fumes, gases e olores.
- O sistema de evacuación de augas residuais e residuos sólidos.
- As instalacións hixiénico-sanitarias e demais instalacións.
- Xustificación do cumprimento das "Normas básicas da edificación sobre condicións térmicas, acústicas e de protección contra incendios".
- De se-lo caso, xustificación do cumprimento do "Regulamento Xeral da Policía de Espectáculos e Actividades Recreativas".
B.- Planos dobrados á medida DIN-4, con pestana, que permitan formar un expediente formalizado. A relación mínima de planos que haberá que presentar é a que segue:
- Da situación da actividade, a escala 1:500 ou 1:5000 da cartografía oficial municipal.
- Do rueiro, a escala 1:5000, copia da cartografía oficial, indicando a localización do edificio en que se pretende instala-la actividade, con expresión do destino dos edificios lindeiros e xustificación expresa do cumprimento das limitacións de localización a que se refire esta Ordenanza.
- Plano de situación do local na planta do edificio, a escala 1:100.
- Plantas de distribución, a escala 1:50, nas que se sinalará a posición da totalidade da maquinaria instalada, dos medios de extinción de incendios dos que se dota o local e da posición e características do alumeado de emerxencia e sinalización.
- De se-lo caso, plantas de zonificación e sectorización do local ou locais, de cara ó cumprimento da "Norma básica NBE-CPI-96 ou posteriores".
- Seccións, a escala 1:50, nas que se detallarán a situación relativa da actividade pretendida respecto ás plantas inmediatamente superior e inferior, así como o destino das mesmas. Nestas seccións acoutaranse as distintas alturas libres resultantes en cada punto do local, de solo a teito, unha vez implantadas as instalacións e medidas correctoras; tamén se acoutará o nivel do local con respecto ó chan.
- Alzados de fachada, a escala 1:50, das instalacións de electricidade, fontanería, saneamento, ventilacion, aire acondicionado e climatización en xeral.
C.- Ademais, irá acompañada das seguintes separatas:
- Relación de tódalas actividade situadas no mesmo inmoble.
- Nome e apelidos do presidente ou administrador da comunidade de veciños.
- Expresión do Grupo en que o solicitante entende encadrada a actividade pretendida, consonte á clasificación establecida.
- Fotocopia da alta no imposto de actividades económicas.
- Cadro xustificativo do cumprimento desta Ordenanza.
- Descrición Técnica detallada de:
Documentación que debe achegarse coas solicitudes de ampliación de instalacións existentes.
Ademais da documentación indicada máis arriba, presentarase unha fotocopia da licencia municipal para o desenvolvemento da actividade e, de se-lo caso, xustificación detallada do cumprimento desta Ordenanza.
- A maquinaria que se vai instalar, indicando o tipo e as súas características, así como o número de H.P. de cada unha.
- A superficie total do local e de cada un dos departamentos que o conforman (aseos, vestiario, almacén, etc.).
- Os medios e sistemas correctores para reduci-la transmisión de ruídos e vibracións, cos correspondentes cálculos xustificativos que garantan a obtención do nivel sonoro admisible, de conformidade co artigo 13º desta Ordenanza.
- O procedemento de depuración e eliminación de fumes, gases e olores.
- O sistema de evacuación de augas residuais e residuos sólidos.
- As instalacións hixiénico-sanitarias e demais instalacións.
- Xustificación do cumprimento das "Normas básicas da edificación sobre condicións térmicas, acústicas e de protección contra incendios".
- De se-lo caso, xustificación do cumprimento do "Regulamento Xeral da Policía de Espectáculos e Actividades Recreativas".
B.- Planos dobrados á medida DIN-4, con pestana, que permitan formar un expediente formalizado. A relación mínima de planos que haberá que presentar é a que segue:
- Da situación da actividade, a escala 1:500 ou 1:5000 da cartografía oficial municipal.
- Do rueiro, a escala 1:5000, copia da cartografía oficial, indicando a localización do edificio en que se pretende instala-la actividade, con expresión do destino dos edificios lindeiros e xustificación expresa do cumprimento das limitacións de localización a que se refire esta Ordenanza.
- Plano de situación do local na planta do edificio, a escala 1:100.
- Plantas de distribución, a escala 1:50, nas que se sinalará a posición da totalidade da maquinaria instalada, dos medios de extinción de incendios dos que se dota o local e da posición e características do alumeado de emerxencia e sinalización.
- De se-lo caso, plantas de zonificación e sectorización do local ou locais, de cara ó cumprimento da "Norma básica NBE-CPI-96 ou posteriores".
- Seccións, a escala 1:50, nas que se detallarán a situación relativa da actividade pretendida respecto ás plantas inmediatamente superior e inferior, así como o destino das mesmas. Nestas seccións acoutaranse as distintas alturas libres resultantes en cada punto do local, de solo a teito, unha vez implantadas as instalacións e medidas correctoras; tamén se acoutará o nivel do local con respecto ó chan.
- Alzados de fachada, a escala 1:50, das instalacións de electricidade, fontanería, saneamento, ventilacion, aire acondicionado e climatización en xeral.
C.- Ademais, irá acompañada das seguintes separatas:
- Relación de tódalas actividade situadas no mesmo inmoble.
- Nome e apelidos do presidente ou administrador da comunidade de veciños.
- Expresión do Grupo en que o solicitante entende encadrada a actividade pretendida, consonte á clasificación establecida.
- Fotocopia da alta no imposto de actividades económicas.
- Cadro xustificativo do cumprimento desta Ordenanza.
Documentación que debe achegarse coas solicitudes de ampliación de instalacións existentes.
Ademais da documentación indicada máis arriba, presentarase unha fotocopia da licencia municipal para o desenvolvemento da actividade e, de se-lo caso, xustificación detallada do cumprimento desta Ordenanza.
Artigo 33º. Cambios de titularidade das licencias de instalación.
- As comunicacións obrigatorias de traspasos ou cambios de titularidade das actividades expresarán, necesariamente, o Grupo en que o novo titular entende incluída a actividade ou establecemento en cuestión, debendo solicitarse, de se-lo caso, a correspondente reclasificación. O cambio de actividade ou clasificación require nova tramitación, non se concedendo ningún cambio de titularidade cando existan obrigas incumpridas por parte do que transmite a licencia.
- Acompañarase a comunicación dunha fotocopia do recibo do IAE e da licencia municipal de instalación ou apertura, así como da documentación en que se acredite o consentimento para realiza-lo cambio do anterior e do novo titular ou sentencia xudicial que o dispoña.
O solicitante do cambio deberá presentar un novo proxecto técnico e tramita-la licencia correspondente no caso de modificarse o local, requisito que non se lle esixirá sempre que indique expresamente que acepta as prescricións do proxecto técnico inicial. Este novo titular deberá cumpri-las condicións esixidas nas Ordenanzas municipais, coa única excepción das distancias.
CARACTERÍSTICAS DE MEDICIÓN E LÍMITES DE NIVEL DE RUÍDO
Artigo 34º. Niveis sonoros.
A valoración dos niveis sonoros que establece esta Ordenanza rexerase polas seguintes normas:
- O nivel de ruídos no interior das vivendas, transmitidos a elas por impactos dalgunha actividade, non superará os límites que seguen:
- Entre as 8 e as 22 horas, 35 dB(A) nas habitacións e 40 dB(A) no resto da vivenda.
- Entre as 22 e as 8 horas, 30 dB(A) nas habitacións e 35 dB(A) no resto.
- Nas actividades de ocio nocturno, os niveis máximos de ruído radiado ó exterior non poderán supera-los que se establecen na táboa de emisións, medidos a unha distancia de 1,5 m da fachada do local.
MEDIDAS CORRECTORAS
Artigo 35º. Normas constructivas.
Fíxanse como medidas correctoras, que deberán constar nos proxectos técnicos que se presenten coa documentación da solicitude de licencia de apertura, as referentes a teitos, cerramentos, solos, piares e altofalantes.
- Teitos.
Prescríbense como medidas correctoras as seguintes:
- Reparación de calquera defecto do forxado que separe o local en estudio da vivenda.
- Os falsos teitos non deberán ir unidos ríxidamente ó teito.
- Evitaranse as múltiples perforacións para iluminación.
- Evitarase todo tipo de unións ríxidas.
- Utilización do material absorbente na cámara de aire entre ámbolos dous teitos.
- Nas conducións de ventilación e aire acondicionado prohíbense retornos de aire polos falsos teitos.
- Non instala-los altofalantes de forma que exista contacto directo co forxado do local.
- Supender con amortecedores un falso teito illante de peso superficial comprendido entre 8-15KG/m². A distancia entre o forxado e o falso teito está comprendida entre 15-20 cm. Enche-lo falso teito de material absorbente con densidade 35: 69Kg/m³.
- Instalar debaixo deste teito os conductos de ventilación, climatización e iluminación.
- No caso de que, como consecuencia da aplicación das medidas correctoras previstas nos epígrafes h) e i), o local incumpra outras condicións requiridas, o titular, a través dun proxecto técnico, poderá propoñer outras medidas correctoras, que deberán ser sometidas a aprobación muncipal.
- Cerramentos laterais e fachadas.
Prescríbense as seguintes medidas correctoras:
- Cerramentos de fachadas (exterior vía pública).
- Nos locais do Grupo II, onde os niveis de emisión son maiores ou iguais a 80 dB(A), as portas deberán permanecer sempre pechadas.
- Nos locais de ocio do Grupo III, con niveis de emisión de 90 dB(A), deben suprimirse as fiestras ou darlles un tratamento especial (dobre ou triple cristal).
- As portas para niveis de emisión de ruído maior ou igual a 80 dB(A) deben ser dobres, con espacio intermedio entre ámbalas dúas que actúe como cámara de control para impedir que as dúas portas estean abertas ó mesmo tempo.
- Nos locais do Grupo IV, a porta debe ser de gran calidade acústica, de xeito que non deixe pasa-lo ruído ó exterior.
- Cerramentos de separación de locais adxacentes.- A magnitude do illamento estará en función dos niveis de ruído de fondo que exista no local receptor.
En todo caso, nos locais cun nivel de emisión igual ou superior a 80 dB(A), e especificamente as actividades clasificadas -segundo o artigo 22 da presente Ordenanza- nos Grupos II, III, IV e V, e que teñan locais adxacentes, deberán dispoñer de paredes dobres de obra de fábrica e enche-la cámara de aire con materiais absorbentes de densidade superior a 35 Kg/m².
- Cerramentos de fachadas (exterior vía pública).
- Solos.
Co obxecto de evita-la transmisión directa que ocasionan os altofalantes de baixos e os impactos de taconeo ou de baile, determínase a execución de solos flotantes nestes locais. Esta montaxe é obrigatoria para niveis de ruído de 90 dB(A).
O solo flotante debe estar constituído por unha capa ríxida de formigón armado cunha grosura de 10 cm e unha capa de material elástico (cortiza, aglomerado, paneis de fibra de vidro, etc.).
- Piares.
Fíxanse como medidas correctoras:
Para niveis de 90 dB(A) serán necesarias paredes de obra de fábrica de ladrillo macizo revestidas con varias capas de materiais absorbentes e illantes (chumbo, aceiro).
- Altofalantes.
Está prohibida a ancoraxe das instalacións electro-acústicas en teitos, piares e paredes.
Os altofalantes de son medio e agudo situaranse suspendidos mediante materiais elásticos, evitando as pontes acústicas.
Os altofalantes de baixos deberán colocarse sobre un bloque de inercia fabricado cunha lousa de formigón de 7-10 cm de grosura, sustentada sobre resortes metálicos de baixa frecuencia de resonancia.
Empregaranse preferentemente altofalantes de pouca potencia, distribuídos homoxeneamente no teito e cun pequeno radio de acción, estando prohibido o uso de altofalantes de grandes niveis de potencia acústica.
En locais dos Grupos III e IV, con niveis iguais a 90 dB(A) LEq., deberán separarse as zonas de ruído elevado, pistas de baile, das zonas menos ruidosas.
- Outras Condicións.
Deixarase un punto de inspección por cada 50 metros cadrados, no que se poderá observa-lo illamento.
Será requisito imprescindible para considerar un local insonorizado que estea recebado o teito co fin de uniforma-lo illamento da placa.