TÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS
Artigo 1º.
A presente Ordenanza, que ten por obxecto a regulación das competencias locais contempladas no artigo 42 da Lei 14/1986, e Disposición Adicional Quinta da Lei 31/1990 e na Lei 7/1997, de 11 de agosto, regula a actuación municipal dirixida a protexe-lo medio ambiente contra as perturbacións por ruídos, vibracións e actividades molestas e a establece-las condicións requiridas para a obtención de licencia de apertura ou funcionamento dos locais.
Artigo 2º.
Quedan sometidas ás súas prescricións, de obrigado cumprimento dentro do termo municipal, tódalas instalacións industriais, comerciais, recreativas, musicais, espectáculos e de servicios e, en xeral, tódalas actividades que produzan ruídos ou vibracións que ocasionen molestias e/ou perigosidade á veciñanza ou que modifiquen o estado natural do medio ambiente circundante, calquera que sexa o seu titular, promotor ou responsable e o lugar, público ou privado, aberto ou pechado, no que estean situados.
Artigo 3º.
Corresponderá á Alcaldía ou á Concellería en que delegue e, de se-lo caso, á Comisión de Goberno ou ó Pleno, esixir, de oficio ou por solicitude da parte interesada, adopta-las limitacións, ordenar cantas inspeccións sexan precisas, establecer instrumentos permanentes de control de son nas actividades suxeitas a esta Ordenanza e aplica-las sancións correspondentes en caso de incumprirse o ordenado.
Artigo 4º.
As normas da presente Ordenanza son de obrigado e directo cumprimento, sen necesidade dun previo acto ou requirimento de suxeición individual, para toda actividade que se atope en funcionamento, exercicio ou uso e supoña a produción de ruídos e/ou vibracións molestos ou perigosos.
Estas normas serán orixinariamente esixibles a toda clase de instalacións, a través dos correspondentes sistemas de licencia ou autorizacións municipais.
Artigo 5º. Planeamento urbano.
Coa fin de facer efectivos os criterios expresados no artigo 1º, nos traballos de planeamento urbano e de organización de todo tipo de actividades e servicios deberá terse en conta a presente Ordenanza.
Artigo 6º.
As actividades e instalacións autorizadas con anterioridade á entrada en vigor da Ordenanza axeitaranse ás normas establecidas nela, segundo o prescrito nas disposicións transitorias.
Artigo 7º.
Para os efectos desta Ordenanza, considerarase dividido o día en dous períodos, denominados diurno e nocturno. O primeiro deles ocupa o espacio de tempo comprendido entre as 8 e as 22 horas, correspondendo ó segundo o comprendido entre as 22 e as 8 horas.
Os ruídos e vibracións emitidos ou transmitidos terán a consideración de diurnos ou nocturnos segundo se produzan nun ou noutro período de tempo.
Artigo 8º. Clasificación de ruídos.
- Co fin de poder diferenciar e pondera-los diversos ruídos con maior precisión e racionalidade, efectuarase unha primeira clasificación en función das características ambientais en que se producen. Deste xeito, obtéñense os cinco niveis que se definen nos puntos seguintes e que representan unha diversidade de ruídos con características comúns.
- Nivel de emisión.- Para os efectos desta Ordenanza, enténdese por nivel de emisión o nivel de presión acústica orixinado por unha fonte sonora.
O nivel de presión acústica (LP) queda definido pola relación:
Sendo:
P.- Valor eficaz da presión acústica producida pola fonte sonora, ponderado de acordo coa curva de referencia normalizada (A).
Po.- Presión acústica de referencia, de valor:
Po = NW/m2.
- Nivel de emisión interna (N.E.I.).- É o nivel de presión acústica existente nun determinado local onde funcionen unha ou máis fontes sonoras.
- Nivel de emisión externa (N.E.E.).- É o nivel de presión acústica orixinado por unha ou máis fontes sonoras que funcionen no espacio libre exterior.
- Nivel de recepción.- É o nivel de presión acústica existente nun determinado lugar orixinado por unha fonte sonora que funciona noutro lugar.
- Nivel de recepción interna (N.R.I.).- É o nivel de recepción medido no interior dun local que, segundo a orixe do ruído, clasificarase en:
Nivel de recepción interna con orixe interna (N.R.I.I.)
Nivel de recepción interna con orixe externa (N.R.I.E.)
- Nivel de recepción externa (N.R.E.).- É o nivel de recepción medido nun determinado punto situado no espacio libre exterior.
- Nivel de recepción interna (N.R.I.).- É o nivel de recepción medido no interior dun local que, segundo a orixe do ruído, clasificarase en:
- Nivel de emisión.- Para os efectos desta Ordenanza, enténdese por nivel de emisión o nivel de presión acústica orixinado por unha fonte sonora.
- Co fin de poder diferenciar e pondera-los diversos ruídos, con maior precisión e racionalidade, efectúase unha segunda clasificación do ruído tendo en conta a súa variación en función do tempo, considerándose os que se definen a seguir:
- Ruído continuo: É aquel que se manifesta ininterrompidamente durante máis de tres minutos. Á súa vez, dentro deste tipo de ruído diferéncianse tres situacións:
- Ruído continuo-uniforme: É aquel que, utilizando a posición de resposta "rápida" do equipo de medida, mantén constante o nivel de presión acústica (LP) ou os seus límites difiren en menos de 3 dB (A).
- Ruído continuo-variable: Cando o nivel de presión acústica (LP), utilizando a posición de resposta "rápida" do equipo de medida, varía entre uns límites que difiren entre 3 e 6 dB (A).
- Ruído continuo-fluctuante: É aquel ruído continuo que, utilizando a posición de resposta "rápida" do equipo de medida, varía o nivel de presión acústica (LP) entre uns límites que difiren en máis de 6 dB (A).
- Ruído esporádico: É aquel que se manifesta ininterrompidamente durante un período de tempo igual ou menor a tres minutos.
- Ruído continuo: É aquel que se manifesta ininterrompidamente durante máis de tres minutos. Á súa vez, dentro deste tipo de ruído diferéncianse tres situacións:
- Co fin de poder diferenciar e pondera-los diversos ruídos con máis precisión e racionalidade, efectúase unha terceira clasificación, tendo en conta a relación establecida entre a fonte sonora ou vibrante que causa a molestia e o propietario ou manipulador de dita fonte:
- Ruído obxectivo: É aquel ruído producido por unha fonte sonora ou vibrante que funciona de forma automática, autónoma ou aleatoria, sen que interveña ningunha persoa que poida varia-las súas condicións de funcionamento.
- Ruído externo: É aquel ruído producido por unha fonte sonora vibrante que funciona baixo condicións supeditadas á vontade dun manipulador ou titular.
- Ruído de fondo: Para os efectos desta Ordenanza, considérase ruído de fondo o existente nun determinado ambiente ou recinto cun nivel de presión acústica que se supera durante o 95% dun tempo de observación suficientemente significativo, en ausencia do ruído obxecto da inspección.
Artigo 9º.
- O grao de precisión dos sonómetros utilizados para a medición do illamento acústico e do nivel de vibración será do tipo 1.
Para a medición do nivel de ruído poderán utilizarse equipos de precisión do tipo 2.
A clasificación da precisión dos sonómetros aterase ó establecido na Norma IEC-651-79.
- Ó comenzo e remate de cada medición acústica efectuarase unha comprobación do sonómetro utilizado, mediante un calibrador sonoro apropiado para o mesmo. Esta comprobación quedará recollida no informe da medición.
Artigo 10º.
- A determinación do nivel de ruído realizarase e expresarase en decibelios, corrixidos consonte á rede de ponderación normalizada mediante a curva de referencia tipo (A).
- A posta en estación do equipo de medida realizarase, de acordo cos requisitos establecidos nesta Ordenanza, en función das características ambientais en que se produza o ruído obxecto de medición (artigo 12º).
- A característica introducida no equipo de medida (lento, rápido ou estatístico) será a establecida nesta Ordenanza en función da variación do ruído respecto ó tempo. (artigo 13º).
Artigo 11º. Niveis de vibración.
- A determinación do nivel de vibración realizarase de acordo co establecido na Norma ISO-2631-2, apartado 4.2.3.
A magnitude determinante da vibración será a súa aceleración, medida sobre un eixe e corrixida mediante a aplicación da ponderación combinada sobre os tres eixes (r.m.s) en .
- Para cuantifica-la intensidade da vibración utilizarase calquera dos procedementos que se indican nos apartados seguintes:
- Determinación por lectura directa da curva que corresponde á vibración considerada.
- Medición do espectro da vibración considerada en bandas de tercio de oitava (entre 1 e 80 Hz) e determinación posterior da curva base mínima que contén dito espectro. Para estes efectos, utilizarase o diagrama do artigo 13º.
En caso de variación nos resultados obtidos por un ou outro sistema, considerarase o valor máis elevado.
- No informe da medición consignaranse, ademais, os datos seguintes:
- Plano acoutado sobre a situación do acelerómetro.
- Vibración de fondo unha vez paralizada a fonte xeradora das vibracións.